Hoxe con este grito e co texto, que escribo a continuación e que repartian nun folleto, unhas traballadoras de Peletería Senda (Pepe Nieto) denunciaban a sua situación laboral e exixian os seus dereitos.
PEPE NIETO
PAGA O QUE DEBES!
As traballadoras de Peletería Senda (PEPE NIETO) exiximos que se nos paguen os salarios que a nosa empresa nos debe. Cada mes temos que agardar sen saber se imos cobrar nen que día. Este mes outra vez aínda non cobramos e aínda nos debe outra nómina e media desde hai case un ano. A situación é mais grave se temos en conta que durante este tempo estivemos traballando con normalidade e aínda así non nos paga.
A súa última "proposta" é que nos vaiamos cobrando menos do que nos corresponde e por iso agora o seu obxectivo é aburrirnos e levarnos a unha situación límite para que marchemos e así aforrarse os nosos salarios e indemnizacións para desmantelar gratis a empresa. Isto xa o intentou facer hai uns meses solicitando un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) fraudulento para deixar a xente na rúa.
Queremos denunciar publicamente esta situación e a Pepe Nieto para que se coñeza a clase de persoa que temos de xefe. Pola nosa parte mentres non nos pague imos seguir pelexando polos nosos dereitos e polos salarios que nos gañamos traballando para él.
No hay comentarios:
Publicar un comentario